A Parroquia de Nosa Señora de Lourdes de Mondariz Balneario, xunto con mais de setenta Parroquias da Comarca do Condado e Paradanta, peregrinaron, facendo o camiño de ida e volta a pé, ao Santuario da Nosa Señora da Franqueira situado na Serra do Paradanta.
Esta peregrinación, tamén chamada Romaría das Pascuillas por celebrarse sempre no luns da Pascua de Pentecostés, e unha tradición secular con grande arraigo en toda a comarca e xunta arredor do Santuario miles de peregrinos (entre vinte e corenta mil dependendo do ano e das condicións meteorolóxicas).
Desde as diversas vilas e aldeas saen moi cedo para chegar á Franqueira entre as dez e as once da mañán.
Cando chegan saudan as cruces parroquiais, os estandartes e a imaxe aos respectivos símbolos do Santuario, nunha carpa nun outeiro da Franqueira. Este rito tamén é a norma de saudo coas parroquias que se van atopando no camiño.
Ás doce celébrase a Misa Solemne e despois da mesma, a procesión con todas as imxes remata as celebracións matutrinas. Desde a unha, aprosimadamente ata as tres e media da tarde, os grupos xantan xuntos e disfrutan da troula despois do esforzo do camiño.
A volta para a casa é o que queda por facer pola tarde, despois de despedirse da Virxe da Franqueira, onde os recordos dos nosos antepasados amoreánse nas mentes dos peregrinos.
O vídeo inferior é un pequeno resumo da peregrinación de Mondariz Balneario, onde a xuventude, como podemos ollar nas imaxes é a que fai posible este evento, na que xa Ramón Cabanillas (Poeta da Raza) ten plasmado na sua Obra “Romaxes da Franqueira”
E coma bo poeta que foi, con obras tan coñecidas xa antes de vir á
Franqueira coma No desterro ou Da terra asoballada , non podía Don Ramón deixar
de compoñer uns versos que lle desen gloria ao santuario que tanto o engaiolou.
Compuxo, pois, 29 cantigas para ser cantadas durante o camiño da peregrinaxe
dende Mondariz ata A Franqueira, trátase de coplas arromanzadas, de versos
hexasílabos de rima consonante nos versos pares. Estas cantigas foron publicadas
Ramón Cabanillas, un poeta na Franqueira ,Raquel Castro 4
en A nosa Terra en xuño de 1926, co título Romance de Nosa Señora da
Franqueira. Cantigas de andar camiño. Como de andar camiño eran, tamén eran
sinxelas de cantar para que soasen suaves nos beizos e non cansasen ao romeiro
no seu camiñar. As dúas primeiras van dedicadas á Virxe de Lurdes, á que o poeta
sae acompañando dende Mondariz Balneario e as demais van puntualmente dedicadas á
loanza das imaxes das Virxes que polo camiño se lles van xuntando. Alguns exemplos:
As primeiras son, pois, dedicadas á Virxe de Lourdes:
A Virxe de Lurdes
vai para a Franqueira
visitar a santa
virxe compañeira.
Logo veñen as de invocación á Virxe da Franqueira
Virxe da Franqueira
que tes un meniño
fainos levadeiro
o longo camiño.
Seguen as dos encontros con outras virxes no camiño, como exemplo a da
parroquia de Uma, en Salvaterra:
Camiño do monte
Que leva á Franqueira
A Virxe de Uma
Xa está á nosa beira.
E finaliza co encontro da Virxe de Lourdes coa da Franqueira:
A Virxe de Lurdes
ten unha roseira
as mellores rosas
son para a Franqueira.
=========================
Vídeo Resumo realizado pola redacción desta web