O vindeiro venres 14 do presente mes de Febreiro, ás 20:15 h, no Salón de Actos da Parroquia de San Francisco Javier da Coruña, Rua Mosteiro de Bergondo s/n, no barrio do Agra do Orzán (vivendas coñecidas como “Casas de Franco”), terá lugar un recital de poemas recollidos no Libro “POETAS NA COCIÑA V”, editado pola editorial MEDULIA. Este libro pode comprarse este mesmo día.
A entrada e libre. O importe da venda deste libro (10 €), será depositado de xeito íntegro nas contas da Cociña Económica da Cidade da Coruña.
Neste acto recitarán poemas Carlos Abeledo (creador deste proxecto), Montse Yoldi, Xulio L.Valcárcel, J.C.Ulloa, Xisco Fdez. Naval, entre outros.
A parte musical será realizada polo Grupo de Cámara de recente creación (presentado oficialmente o pasado 9 de decembro de 2024) “ORPHEUS ENSAMBLE San Francisco Javier”.

POETAS NA COCIÑA
Poetas na Cociña é unha iniciativa solidaria que naceu coa iniciativa de Carlos Abeledo durante a pandemia, co fin de axudar á Cociña Económica desta Cidade. Ante esta magnífica idea, un grupo de poetas únense para colaborar aportando algunha das súas obras poéticas na xuda a quen mais o necesita, contribuindo na realización dun libro editado pola editorial MEDULIA.
Este ano preséntase o quinto libro desta iniciativa, sendo a terceira vez que de forma ininterrumpida dase a coñecer nas instalacións parroquiais de San Francisco Javier. Desde esta humilde web animamos a todos os nosos seguidores para acudir a este acto que lle adiantamos que non os defraudará. Si por calquer motivo non poideran asistir, poden mercar o libro encargando o mesmo a os asistentes ou adquirindoo na Parroquia nos días seguintes a este recital.
