O sábado 23 de maio deste 2026, celebrouse con toda solemnidade a festividade de Nosa Señora de Fátima, no barrio coruñés de Bens. A Misa solemne tivo lugar na Igrexa do Nadal do Señor, presidida polo seu Párroco D. Severino, e realzada co acompañamento musical do Coro Parroquial de San Francisco Javier.
Despois da Misa, os asistentes sairon en Procesión coa imaxe da Virxe polas ruas do barrio, abrindo a procesión a Cruz iluminada que sae en outras procesións da Unidade Pastoral. Acompañaron esta comitiva un Grupo de gaiteiros e pandereiteiras do Grupo Vento Mareiro, que na mitade do recorrido, no recinto cuberto, ofreceron unhas pezas musicais acompañadas dalgunha bailadora a Nosa Señora.
Para rematar estos actos, a Asociación Veciñal de Bens, no seu Local Social, invitou aos asistentes a un refrixerio, onde confraternizaron todos os asistentes a esta emotiva celebración.
Algúns momentos vividos poden ser ollados no vídeo e na Galería de Fotos a que se pode acceder “pinchando” nas fotos inferiores.



===================================
Resumo Videográfico
