O venres 20 de decembro, como antesala do Nadal, e despois do grande éxito acadado nas festas patronais, volveu7 a nosa casa o Extraordinaria Coral Follas Novas. Esta vez foi para deleitarnos con música e pezas do Nadal, compartindo escenario co gran Coro Infantil do veciño Concello de Arteixo ADONAI.
O público asistente disfrutou enormemente con estas actuacións. Ao finalizar o acto, ambas agrupacións foron convidadas pola Parroquia a compartir uns “pinchos” e bebidas en sinal de agradecemento pola sua xenerosidade con todos nos.
Algúns momentos vividos poden ser ollados “pinchando” nas fotos inferiores ou accedendo directamente á Galería de Fotos da web.