Desde estás páxinas felicitamos a todos os afeccionados deportivistas, xogadores, entrenador, empleados e consello de administración da mais que centenaria entidade, xa que entre eles atópanse centenares de membros desta parroquia, situada entre o barrio do Agra do Orzán e o Ventorrillo, pola volta á primeira división do futbol español. Esta felicitación vai unida ao desexo de que permanezca durante moitísimo tempo nesta categoría, aderindonos ao lema que pecha a información.
A importancia que ten este clube entre os nosos feligreses chega aos extremos de que en algunha ocasión houbo que cambiar algún acto por “culpa” do partido do DEPOR. Tamén son moi especiais as xornadas de viaxes ou peregrinacións que coinciden con algún partido do noso equipo, na que as informacións seguidas pola radio ou polo móbil corren de boca en boca para transmitir a información dos resultados entre a meirande parte dos viaxeiros, onde as caras de satisfación ou tristura refrexan o sentimento polos cores branquiazuis.
¡¡FORZA DEPOR!!
FELICITACIÓN AOS SEGUIDORES DEPORTIVISTAS
Publicación anterior