“A vida diaria nunha residencia de maiores”
Este é o título dunha charla que Ana María Vilabella Castro, xerocultora e con case 20 anos de experiencia en dúas residencias, pronunciará o martes 22 deste mes de marzo,na igrexa do Pilar.
Na súa intervención,que comezará ás 8 da tarde, daranos as pautas a seguir cando unha persoa maior decide ingresar nunha residencia. Vilabella dará consellos moi interesantes para que os fillos saiban facer un seguimento dos maiores.
“O papel das mulleres no camiño”
Este é o título da conferencia que vai pronunciar o xuiz,José Antonio Vázquez Taín o vindeiro 5 de abril no salón de actos da parroquia de San Francisco Xabier da Coruña, ás 20:15 h.
Xuiz, escritor e agora autor dun documental no que quixo destacar as vidas dalgunhas mulleres que contribuiron a expansión do camiño polo que veñen a Galicia milleiros de peregrinos de todo o mundo.
«Peregrinas. Mulleresno Camiño de Santiago»,trata do percorrido pola la historia da ruta xacobea desde unha perspectiva femenina tendo en conta, ademais, que desde 2018 o número de mulleres que peregrinan supera ao de homes.
Peregrinación al Santuario Mariano de Fátima 2022
Ejercicios Espirituales para Seglares