O mércores 16 de marzo arredor de 100 peregrinos das Parroquias de San Francisco Javier, Nuestra Señora del Pilar, O Nadal do Señor de Bens e San José de Montealto, acudiron unha vez mais, e van …, ao Santuario da Nosa Señora do Corpiño na falda do monte Carrio na Comarca do Deza, concello de Lalín, e pertenecente á Diocese de Lugo. ( Mais información do Santuario “pinchando” o enlace: https://ocorpino.org ).
Dous autocares co aforo completo, sairon ás nove da mañán dos lugares habituais, chegando a Melide ás dez e media. Despois de hora e media para repoñer forzas e visitar a vila melidense, os viaxeiros seguiron ruta ata o Santuario, onde as 12:45 h asistiron á Misa presidida por D. Severino e axudado nalgúns momentos da mesma polo encargado polo Bispo de Lugo para dirixir o Santuario, D.José Criado, un cura novo e moi cercano, do que emana todo amabilidade e cercanía. Desde estas páxinas queremos amosarlle grande agradecemento pola sua predisposición a colaborar cos peregrinos das nosas parroquias.
Despois da celebración litúrxica, os mais de cen viaxeiros deron conta dun cocido suculento, como poderán ollar nas fotos, en Casa Pablo das Cruces.
Varios momentos vividos neste día que amenazaba choiva pero despois quedou nun día agradable, poden ser contemplados na Galería de Fotos ou pinchando nas tres fotos que acompañan o texto. Desde esta web, unha vez mais, queremos agradecer a colaboración desinteresada de Francisco Pardo (Paco) e Marujita da Parroquia de San José, na organización da peregrinación e na elaboración das fotos que están na Galería. Tamén, como sempre en todas as actividades parroquiais, Antonio Castro merece seren salientado na organización desde evento, xunto con D. Severino, xa que sen eles a maioría dos actos parroquiais no poderían ser levados a bo porto.