O martes 22 de setembro, mais de 150 peregrinos das Parroquias de San Francisco Javier, Nosa Señora do Pilar e San José, achegáronse aos pes da Virxe dos Milagres de Baños de Molñgas, na provincia de Ourense. Ao frente desta peregrinación estaban os párrocos D. Severino Suárez, das dúas primeiras, e D. José Manuel Hermida, da terceira.
Ao chegaren a terras ourensanas, os sacerdotes concelebraron a Misa no Santuario, seguida con moitísima devoción polos peregrinos. Foron axudados na celebración polo Irmán Paul D. Elixio Rivas Quintas, que nas horas posteriores fixo de “Guia” no Santuario, no Museo “Os Nosos Devancerios”, do que é “Alma Mater” e artífice.
Un moi bo xantar, pechou os actos desta intensa mañán.
Pola tarde, de camiño para A Coruña, visitaron a Cidade de Ourense, parándose de xeito especial na Fonte das Burgas e na Catedral, onde, tamén, o noso amigo e anfitrión, D. Elixio, seguiu explicando e pormenorizando os mínimos detalles desta xoia que é a Catedral de Ourense.
Instantáneas dalgúns destes momentos extraordinarios poden ser contemplados na “Galería de Fotos” desta web ou “pinchando” na foto que pecha a informació.
Desde estas páxinas desexamos agradecer a inestimable e altísima colaboración do “AMIGO” de todos nos, D. Elixio Rivas, así como o traballo fotográfico dos colaboradores habituais Victoria Corbeira e Paco Pardo.
PEREGRINACIÓN AO SANTUARIO DOS MILAGRES DE BAÑOS DE MOLGAS
Publicación anterior