Esta noticia foi remitida polo Grupo Scout Stoas (Parroquia de San Francisco Xabier-A Coruña), que na súa páxina web ten moito mais ampliadas as noticias referidas a todas as actividades pasadas e proxectadas cara o futuro. Se alguén quere vela pode facelo no enlace:
Grupo Scout Stoas (Parroquia de San Francisco Xabier-A Coruña)
Os días 27, 28, 29 e 30, os grupos scouts Khanhiwara de Santiago, Ronsel de Sada, Nyeri e Stoas da Coruña e o grupo scout en formación Ahadi tamén da Coruña, realizaron conxuntamente unha acampada de Nadal no Albergue que os Irmáns Maristas teñen na localidade de Perbes.
Foron 4 días cheos de xogos nos que os grupos aproveitaron para coñecerse e aumentar o lazo de unión entre eles celebrando o Nadal de maneira comunitaria.
Os lobecos (8-11 anos) realizaron diferentes xogos de habilidades físicas e mentais e tamén destacou un obradoiro para facer a súa propia bola para o árbol de Nadal.
Os rangers (11-13 anos) realizaron, entre outras actividades, un rastrexo e puxeron en práctica as técnicas de asexo e cordelería.
Os pioneiros (14-16 anos) fixeron un raid de supervivencia e actividades destinadas a buscar o seu compromiso co grupo e coa sociedade.
O último día, trala cerimonia das promesas, acto no que os nenos e nenas comprométense diante dos seus compañeiros a participar da proposta scout que os grupos ofertan; as 105 persoas que participaron no campamento cantaron o “Adiós Scout”, que como di a canción: “no es más que un hasta luego, no es más que un breve adiós”, esperando o reencontro en futuras actividades.
Invitamos a tódolos lectores a que participen da oferta que teñen os grupos scouts nas parroquias da diócese: educación non formal no tempo libre que tenta que os rapaces desenvolvan capacidades para ser personas críticas, activas e comprometidas coa sociedade.
Apúntate ao grupo máis próximo a túa parroquia:
Grupo Scout Ahadi (Parroquias dos Rosais e o Socorro – A Coruña)
Grupo Scout Khanhiwara (Centro Xuvenil Don Bosco – Santiago de Compostela)
Grupo Scout Nyeri (Montealto – A Coruña)
Grupo Scout Ronsel (Parroquia de Santa María – Sada)
Grupo Scout Stoas (Parroquia de San Fco. Xabier – A Coruña)